DECRETO 309/1997, do 25 de setembro, de acción individualizada da Comunidade Autónoma de Galicia, complementaria da resolución da Comisión Interministerial da Ciencia e Tecnoloxía pola que se fai pública a convocatoria de concesión de axudas para a realización de proxectos para o fomento da I+D e a innovación nas rexións de obxectivo 1, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica e Desenvolvemento Tecnolóxico con cofinanciamento Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Sección1 - Disposiciones Generales
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Un dos principais retos da Unión Europea en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (IDT) é facer participar o sector productivo na realización deste tipo de actividades. Os actuais proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico para a innovación Feder tentan responder a estes desafíos cunha filosofía de actuación distinta, de xeito que se estimule o interese do sector productivo polo desenvolvemento deles. A cooperación sector productivo-sector investigador permite, a través dun traballo proxectado e executado conxuntamente e ad hoc, resolver necesidades tecnolóxicas das empresas, mellora-la súa capacidade productiva e compara-las ideas, os métodos e as prácticas. Así, a forma de traballo formúlase en común e aprovéitanse as experiencias adquiridas para enriquece-los propios métodos e procedementos. Por outra banda, o intercambio e a cooperación permitirán ó sector productivo aplica-los mesmos procedementos noutras áreas e resolver mellor e máis rapidamente

múltiples problemas comúns a diversos ámbitos.

A Resolución do 30 de xullo de 1997, da Secretaría de Estado de Universidades, Investigación e Desenvolvemento-Vicepresidencia da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía, pola que se fai pública a convocatoria de concesión de axudas para a realización de proxectos para o fomento da I+D e a innovación nas rexións de obxetivo 1, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica e Desenvolvemento Tecnolóxico (BOE nº 188, do 7 de agosto de 1997), establece a posibilidade de que os proxectos presentados sexan cofinanciados seguindo o principio de adicionalidade, segundo o que a Unión Europea considera que a acción que se leva a cabo se pode complementar coas iniciativas dos estados e as rexións onde se realice o investimento e coa dos propios beneficiarios. Trátase de lograr un diálogo permanente entre a Unión Europea, o Estado e a rexión membro e os beneficiarios, co obxectivo dunha maior eficacia, gracias ó esforzo compartido e á posta en común dos recursos implicados na

acción estructural comunitaria.

A devandita resolución establece no punto 1.6 que se requirirá a participación nos proxectos de polo menos unha empresa, preferentemente da Comunidade Autónoma, que manifeste o seu interese polo resultados previsibles do proxecto e que, en función do devandito interese, aporte recursos (humanos, económicos ou materiais) para colaborar no bo desenvolvemento do proxecto. A citada aportación non poderá ser, en ningún caso, obxecto de subvención con cargo á convocatoria estatal.

O presente decreto ten como finalidade apoia-la participación das empresas da Comunidade Autónoma de Galicia nos citados proxectos, complementando o orzamento dos Fondos Estructurais de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Comisión Europea e do Plan Nacional de I+D, en canto á participación das empresas e, asemade, especifica-las características particulares que a Comunidade Autónoma de Galicia terá en conta ó elabora-lo informe de oportunidade científico-tecnolóxica, utilidade socioeconómica e posibilidade de transferencia tecnolóxica preceptivo para a avaliación e selección de propostas a que se refire o punto 4.3 da convocatoria estatal.

Ademais, ten por obxecto fixa-los criterios básicos, de acordo co artigo nº 178 da Lei financeira e orzamentaria de Galicia, das bases reguladoras aplicables á concesión de axudas ás empresas galegas que participen no proxecto a que fai referencia a citada resolución estatal.

No capítulo III, artigo 11. 4. a), e) e g), da Lei 12/1993 de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, establécese que lle corresponde á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), entre outras atribucións, a proposta á Xunta de Galicia, a asignación dos fondos públicos destinados a programas de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e a coordinación das actividades e programas de investigación que se concerten co Plan Nacional de Investigación Científica e Desenvolvemento Tecnolóxico, ademais de determina-las actuacións de apoio e asistencia técnica que teñan relación coas mencionadas actividades.

A acta da xuntanza da Cicetga do 23 de xullo de 1997 recolle o acordo de aproba-la presente actuación.

No capítulo III, artigo 11.6, da devandita Lei 12/93 recóllese que o vicepresidente da Cicetga ou a persoa en quen delegue será quen xestione a concertación co Plan Nacional de I+D dos programas que o requiran. Por outra banda, o Decreto 137/1995, do 10 de maio, polo que se establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), establece que o vicepresidente da Cicetga será o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

A Xunta de Galicia entende, para fomenta-la adecuada participación e colaboración entre o sector

productivo e o científico-investigador, que as empresas deben comprometerse a un financiamento mínimo do 30% do orzamento total do proxecto. Polo tanto, o presente decreto establece as condicións para acceder ás axudas desta convocatoria para os proxectos do seu ámbito territorial. Esta aportación pódese facer efectiva mediante recursos humanos, económicos ou materiais. Así pois, serían financiados polo Feder, polo Plan Nacional de I+D e polo propio sector productivo galego, facéndoo a Administración de Galicia no lugar do sector productivo cando este o solicitase en tempo e forma, ó amparo desta convocatoria, e a Cicetga o considerase oportuno.

A proposta do proxecto deberá estar formulada de xeito que facilite as avaliacións intermedias. Isto é, deberá formular fitos ou obxectivos intermedios facilmente comprobables.

Por outra banda, para que a Comunidade Autónoma de Galicia emita un informe de oportunidade favorable, os proxectos deberán encadrarse dentro do marco do que se coñece na Unión Europea como unha lista positiva. Estas listas teñen por obxecto enumerar accións pertinentes á convocatoria, de xeito que sirvan de orientación do tipo de accións que se presenten nos proxectos. As solicitudes pódense orientar a calquera tema de IDT (todo traballo creativo que se emprende de xeito sistemático co obxectivo de incrementa-los coñecementos e a súa utilización para concibir novas aplicacións) e innovación tecnolóxica (deseño, adquisición de tecnoloxías materiais ou inmateriais, equipos e enxeñería industrial, lanzamento de fabricación, comercialización de novos productos, servicios de consultoría, control de calidade, normalización e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR